Javier Ramos e José Pintor disputarán o XIX Rallye Sur do Condado
- ecosdacomarca

- 6 jul 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza

Tras cultivar unha importante segunda praza na Copa R5 no pasado Rallye de Pontevedra, o equipo JRTMotorsport formado polo dezá Javier Ramos e por José Pintor, desprázase á comarca do Baixo Miño para a disputa dunha nova cita do Campionato Galego de Rallyes.
Publicidade
Nesta ocasión, debido a que o Peugeot 208 R5 atópase en revisión e non está dispoñible, o equipo participará nun Volskwagen Polo GTIR5 do preparador ArVidal Racing.
Publicidade
O Rallye Sur do Condado discorre polos concellos de Salvaterra, Salceda, Arbo, Covelo, Ponteareas, Mondariz e Mos, sendo unha das citas máis duras do campionato polas altas temperaturas que adoita haber nesta época do ano.









Comentarios