A parella dezá logrou o 2º posto no Supercampionato R5 Recalvi
Laura Moure/Lalín
O Coliseum de Noia vestiuse de gala para albergar a Gala da Campións 2023 da Federación Galega de Automobilismo. Na gala, Javier Ramos e Álex Moure foron galardoados logo de conquerir o 2º posto no Supercampionato R5.
Ademais do subcampionato na Copa Top Ten A, Javier Ramos rematou no 3º posto absoluto na Clasificación Final do Campionato Galego de Rallyes 2023.
Publicidade
“Moi contentos por como foi a tempada. Saímos coa intención de ser regulares e tentar estar o máis arriba posible. As circunstancias foron favorables e finalmente o resultado inmellorable. Para 2024 non nos marcamos ningún obxetivo, únicamente disfrutar e tentar ser regulares naquelas probas ás que poidamos acudir” comenta Javier Ramos.
Publicidade
Pola súa banda, Moure rematou no 7º posto de copilotos. “Dende logo que 2023 sempre será recordado como un gran ano. Logramos o noso primeiro pódio absoluto xuntos, e a final de tempada fomos un dos equipo máis regulares”.
Comments