top of page

Javier Ramilo gaña o IV Rally Mix Concello de Touro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O piloto de Touro David González, que representou á Escudería Touro Motor cun Kincar, quedou no puesto 14º na clasificación xeral


Laura Moure/Touro

O piloto Javier Ramilo é o vencedor do IV RallyMix Concello de Touro, tal e como informa o propio Concello, que se disputou durante este fin de semana nas estradas de terra e asfalto da parroquia de Loxo, no municipio de Touro. O piloto da escudería YaCar Racing, gañador tamén do III RallyMix Concello de Touro disputado no 2019, logrou a victoria o domingo, 29 de agosto, tras a saída de pista na cuarta manga de Abel Jurado, piloto asturiano que pechou a xornada do sábado, 28 de agosto, como líder da proba valedeira para o Campionato de Galicia RallyMix 2021 e un dos principais favoritos. Javier Ramilo ‘Kobas’ aventaxou en 12.5 segundos a Daniel Remuñán, da escudería Yacar Racing, que aos mandos dun YacarCross, ocupou o segundo lugar na clasificación final dunha proba que contou con numeroso público chegado de toda Galicia. Jacobo Andújar, da escudería Estradense, co seu Kincar ocupou o terceiro lugar. O piloto de Touro David González, que representou á Escudería Touro Motor cun Kincar, quedou no puesto 14º na clasificación xeral.


Espectacular saída de pista

Pola súa banda, na categoría de turismos, Marcos Canedo, da escudería Agrupación Deportiva Noroeste e cun Peugeot 206 N5, foi quen de aguantar a presión de José Fernández Gay, que tivo unha espectacular saída de pista, na que afortunadamente tanto él como o seu copiloto, Juan Brun, non sufriron danos. A peor parte levouna o VW Polo GTI R5 de AR Vidal Racing. A segunda plaza da Clase B (carrozados) foi para Tino Iglesias, de Desgüace Tino Racing, que co seu Ford Fiesta N5 superou a Manuel Osorio, da mesma escudería, que quedou en terceira posición con Peugeot 208 R5.


As dúas xornadas do IV RallyMix Concello de Touro durante o fin de semana aportaron espectáculo nas estradas que conformaron o circuito na parroquia de Loxo. Participaron casi 70 pilotos nesta proba organizada pola Escuderia Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, da Xunta de Galicia e do ConcellodeTouro e valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia RallyMix 2021.


Autor: Adri Sánchez.

Trala proba fíxose entrega dos premios e trofeos aos mellores nun acto celebrado na Casa de Cultura de Touro presidida polo alcalde en funcións, Jesús Martínez Pereira, e pola concelleira de Educación, Cultura e Deportes, Adela Iglesias. Jesús Martínez Pereira felicitou á Escudería Touro Motor e ao seu presidente, José Ramón González Villar, “polo seu bo facer” na organización da proba que foi un “espectáculo único” e que se celebrou baixo todas as medidas de seguridade. Destacou tamén “o comportamento impecable” dos afeccionados que se achegaron ata Touro para desfrutar do IV RallyMix Concello de Touro.


Os interesados poden obter máis infromación na web http://temposfga.es/


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page