Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez Barran gañan o I Rallysprint Concello de Silleda
- Laura Moure / IsmaelRS
- 20 may 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Silleda
Vitoria e dominio absoluto de Javier Martinez Carracedo - José Antonio Vazquez Barran no I Rallysprint Concello de Silleda - Excavaciones Benito, tal e como informa a propia Escudería Silleda a través do seu Facebook.

Os de Renault 5 GT Turbo foron os claros dominadores e marcaron os 4 scratch posibles. A pesares dunha penalización de 10 segundos avantaxaron en 12.1 segundos a "Ventura" - González que foron segundos e aumentan a súa vantaxe como líderes no Campionato Galego de Rallysprint. "Mieres" - Calvo foron terceiros, e seguen segundos na xeral do certame autonómico.
Adrián Campaña - Manuel Raido ocuparon a cuarta praza, xusto por diante dos silledenses Marco Lorenzo - Diego Gil, o mellor equipo local.
Dentro do Trofeo Desafío Khumo vitoria para Aitor Fornos - Adrián Díaz e no Trofeo Igol 2RM triunfo tamén para Carracedo - Barrán.
"Alberto Nimo - Mónica Álvarez foron os que mellor tempo conseguiron ao fin da xornada, pero recordemos que solo puntúan na clasificación extra e non figuran na clasificación final", puntualiza a escudería.
Publicidade
Clasificación final I Rallysprint Concello de Silleda - Excavaciones Benito
Javier M. Carracedo - José A. Barran 29:18.398
Antonio . “Ventura” - Alberto Gonzalez +12.152
José M. Pazos "Mieres" - David Calvo +24.698
Adrián Campaña - Manuel Raido +30.448
Marco Lorenzo - Diego Gil +35.889
Clasificación final https://app-cdn.sportity.com/.../31b42383-ffeb-4e95-ac4e...
Parabéns a tod@s!!!
Comments