top of page

Javier García, Uxía Ferradás, Joaquín Villanueva e Javier Iglesias súmanse á lista de CxL

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, anunciou este venres a incorporación de catro novos valores na candidatura de CxL para as vindeiras eleccións municipais. Son Javier García González, Uxía Ferradás Fernández, Joaquín Villanueva Barros “Xocas”, e Javier Iglesias Otero.

Cuiña agradeceulles “a súa xenerosidade e a súa boa disposición a sumarse ao proxecto de Compromiso por Lalín, ao que achegarán novas ideas, enerxía e perspectivas”. “Grazas á súa implicación”, salienta Cuiña, “fortalecemos a nosa lista de cara a facela máis atractiva para o electorado co obxectivo de reflectir mellor as súas preocupacións e necesidades específicas”.

Cuiña resalta que os catro son persoas que, malia a súa idade, son referentes no eido profesional, social, deportivo e asociativo do pobo. Con este punto de partida, “achegarán unha visión fresca e innovadora sobre a política e a sociedade, ao tempo que se reforza e revitaliza o noso proxecto político”.

Javier García González ten 29 anos e é de Lalín, e fixo o ciclo medio de cociña e hostelaría. Na actualidade é barman e traballa na hostalería local. Neste sector forma parte da elite da coctelería mundial. O pasado mes de decembro acadou o primeiro premio na categoría de Barman no Campionato Nacional, proclamándose así Campión de España. No próximo mes de novembro estará no campionato mundial, que terá lugar na cidade de Roma.

Uxía Ferradás Fernández, natural da Xesta, ten 20 anos e é técnica de electromecánica. Na actualidade cursa o ciclo superior de automoción. A maiores practica kung-fu, modalidade na que é cinto negro primeiro DAN. Ademais está moi implicada na vida asociativa da parroquia da Xesta.


Joaquín Villanueva Barros, “Xocas”, 26 anos, natural da parroquia de Bermés, é futbolista e un dos piares fundamentais do Lalín. Leva vencellado a este club dende a base e forma parte do primeiro equipo dende hai seis anos. “Xocas” cursou o ciclo superior de mantemento industrial e na actualidade prepara oposicións ao corpo da Garda Civil.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Javier Iglesias Otero ten 41 anos, e é natural de Cercio. Leva anos vencellado ao mundo agro-gandeiro do municipio, do que é un fondo coñecedor. Cursou estudos de FP na rama de administrativo, aínda que adicou case toda a súa vida profesional á gandería. Na actualidade desenvolve a súa actividade na explotación familiar, emprazada na aldea de Chares, en Cercio.


Cuiña salienta que a súa incorporación, xunto coa de moitas outras persoas que decidiron dar un paso adiante para respaldar a Compromiso, “é esencial para a construción dunha candidatura forte, representativa de todos os sectores e en sintonía coas necesidades actuais de Lalín”.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page