top of page

Javier Carballude, do Souto, presenta a súa candidatura para presidir Novas Xeracións de Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ten 27 anos de idade, é profesor de música nun colexio do municipio ourensán de Lobios e está moi vinculado á actividade musical e cultural


Laura Moure/Lalín

Javier Carballude Iturburua, nado en Elizondo (Navarra) en 1995 e desde hai 25 anos afincado no lugar do Souto (Xaxán), vén de presentar a súa candidatura para optar á presidencia de Novas Xeracións de Lalín no Congreso Local que a organización da mocidade do Partido Popular celebrará o vindeiro día 17, a partir das 19.00 horas, no Pazo de Liñares.

O aspirante a suceder a Eva Montoto na presidencia de NNXX conta co Grado Superior de Música e o Grao en Educación Primaria na Mención de Especialización Curricular e desde 2022 é profesor con praza na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, traballando actualmente nun colexio do municipio ourensán de Lobios. Ademais, leva anos vinculado á actividade musical e cultural de Lalín, tanto como director asistente da Banda Xuvenil de Lalín como de xefe de estudos, profesor de Linguaxe Musical e de Saxofón na Escola de Música da Banda de Lalín.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Javier Carballude, que no Congreso Local do PP de Lalín celebrado en decembro ofrecera unha ponencia relacionada coa liberdade ideolóxica no sector cultural, adiantou que a veciña de Lalín Sonia Rivas, de 26 anos de idade e mestra nun centro educativo especial de Vigo, acompañarao na lista como candidata a ocupar a vicepresidencia.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page