top of page
Foto del escritorLaura Moure

Javier Arias explica en Palas a programa de axudas para impulsar a adhesión á marca Q de Calidade


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta de Galicia publicou unha nova convocatoria de axudas para impulsar a adhesión á marca Q de Calidade dos recursos turísticos galegos públicos e privados. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou onte en Palas de Rei os pormenores do programa, que conta cun orzamento de 170.000 euros.


Arias visitou o albergue Zendoira, o único aloxamento destas características que conta co selo de calidade na provincia e un dos tres establecementos do municipio que comparten recoñecemento, xunto co hotel Casa Benilde e o complexo rural Parada das Bestas.


Publicidade

O delegado lembrou que hoxe remata o prazo para solicitar as achegas. Os destinatarios dos apoios son os concellos e as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos, e o obxectivo é colaborar cos gastos que implican os procesos de control de cumprimento das normas UNE, que determinan a obtención ou renovación do distintivo. Entre eles, figuran os custos da auditoría externa ou os derivados dos dereitos de uso da marca Q durante a presente anualidade.


Publicidade

No conxunto da provincia hai 37 recursos recoñecidos coa Q de Calidade polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Dese total, 18 son establecementos de aloxamento e cinco son restaurantes. No que respecta aos concellos, os de Viveiro, Ribadeo e Foz suman cinco praias coa distinción, e o de Sober a rede de miradoiros.

Javier Arias subliñou que a Q de Calidade é “garantía de excelencia e un distintivo de prestixio que pode decantar a elección dos viaxeiros nun mercado turístico definido por un crecente nivel de exixencia”.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page