Iván Picallo gaña o 1º Slalom de Rodeiro
- ecosdacomarca

- 21 ago 2025
- 1 min de lectura
No segundo posto quedou Borja Cotovad e de terceiro, David Franco
Ecos da Comarca/Rodeiro
O pasado sábado, 16 de agosto, Camba acolleu o 1ª Slalom de Rodeiro organizado pola Escudería Lalín-Deza. Houco case unha trintena de participantes. O piloto Iván Picallo, aos mandos do seu Citroën Saxo, levou a vitoria nesta competición, sexta proba puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2025. Cabe mecionar que Picallo tamén gañou o Slalom de Antas de Ulla celebrado o pasado mes de xullo.

Tal e como informou a escudería, a diferenza foi mínima: tan só 136 milésimas separárono de Borja Cotovad, que co seu vistoso Ford Escort MK2 quedou ás portas do triunfo.
O terceiro banzo do podio foi para David Franco, tamén cun Citroën Saxo VTS, que finalizou a pouco máis de dous segundos do vencedor. O cuarto posto ocupouno José Luis López cun Citroën AX, seguido por Francisco Rodríguez (BMW E36), completando o “top 5”.
Publicidade
En sexta posición clasificouse Anxo Lariño (Citroën Saxo VTS), sétimo foi Diego Gómez (BMW 325), mentres que Aitor Coto (Citroën Saxo VTS) finalizou oitavo. Pechando o “top 10”, Bruno Fernández (Peugeot 206 GTI) foi noveno e Fabio García (Peugeot 306 GTI) décimo.
Publicidade
"A igualdade foi a nota dominante, especialmente na loita polas primeiras posicións, nunha proba que se inaugurou con gran éxito no Campionato Galego de Slalom", resalta a organización. PUBLICAREMOS VÍDEO








Comentarios