top of page

Iris Comunica e a Asociación Empresarios da Comarca de Arzúa asinan un convenio para os asociados

Ecos da Comarca/Arzúa

A axencia Iris Comunica e a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa asinan un convenio beneficioso para asociadas e asociados. Iris Comunica adícase ao márketing, publicidade, creación de contidos e xestión das redes sociais e, grazas a este acordo, ofrecerán un desconto do 20% nas tarifas de todos os seus servizos aos negocios

asociados á entidade empresarial arzuá.

ree

Dentro dos servizos que ofrece Iris Comunica están: buscar unha estratexia dixital adecuada para cada negocio, deseño gráfico, creación de contidos específicos para redes sociais (Instagram, TikTok, Facebook, X...), programación do contido, gravación de vídeos, edición de material, desenvolvemento web, fotografía, publicidade en prensa, gabinete de comunicación, organización de eventos e posta en marcha de proxectos 360o.


“Nun momento no que as redes sociais son un gran escaparate para o comercio local este tipo de convenios permitiralle aos nosos socios e socias contar cun servizo profesional a menor custe”, indica a xerente de AECA, Cristina Carril.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Pola nosa parte gustaríanos traballar man a man coas empresas da localidade para axudalos a medrar no eido do márketing, a publicidade e as redes sociais, así como destacar que personalizamos e adaptamos a todo tipo de empresas. Para iso, contamos cun amplo equipo de profesionais no sector, especializado no comercio de proximidade”, fai fincapé a CEO de Iris Comunica, Beatriz Irigoyen.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page