Investigan a un menor de 16 anos que sufríu un accidente en Arzúa e conducía sen carné, resultando positivo en drogas e alcol
- ecosdacomarca
- 27 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa

O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Santiago investiga a un menor de 16 anos que tras sufrir un accidente na localidade de Arzúa, foi retido por varios veciños, debido a que pretendía ausentarse do lugar. Tras recibirse aviso na Central Operativa de Tráfico, comunicando que un condutor causara danos noutro vehículo estacionado nunha rúa da localidade de Arzúa e pretendía ausentarse do lugar sen asumir ningún tipo de responsabilidade.
Publicidade
Ata a chegada das patrullas do Destacamento de Tráfico de Santiago, o condutor foi retido no lugar por varios veciños. Unha vez no punto do accidente, os gardas civís comprobaron que se trataba dun menor de 16 anos que conducía un turismo sen posuír permiso de conducir de tipo algún, feito que constitúe un suposto delito contra a seguridade viaria.
Publicidade
Ao realizarlle as pertinentes probas de alcol e drogas, ademais lanzou resultado positivo na primeira e indiciario, a falta de confirmación mediante contraste do laboratorio, de presenza de drogas no organismo, infraccións polas cales tamén foi proposto para sanción.
Publicidade
Os feitos foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores para depurar as responsabilidades penais ás que houbese lugar por parte do menor de idade e dos pais ou titores legais, se así as tivesen.
Comentários