Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, acompañado do concelleiro de Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitou as obras de pavimentación da explanada de acceso ao pavillón polideportivo, ás instalacións da Galiña Azul e tamén de acceso ao colexio de Nosa Señora da Piedade.
As obras realizadas consistiron na mellora da capa de rodaxe de viaria mediante a aplicación de aglomerado en quente, previo bacheo.
Publicidade
“Eran actuacións necesarias que estiveron no esquecemento arredor de vinte anos. A súa importancia vén dada pola mellora da seguridade viaria, especialmente no espazo
dedicado aos cativos e para o benestar da veciñanza que usa o pavillón”, tal como indica o rexedor cruceño.
Comments