top of page

Interior Galego Vivo convoca a súa V Asemblea para maio en Antas de Ulla, aberta a novos colectivos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A coordinadora está encargada de levar unha proposta de programa – continuador do Manifesto do Courel do verán de 2021 – e de dar forma legal á plataforma


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A coordinadora da Plataforma Interior Galego Vivo reuniuse – con distancias, máscaras e

ventilación – de xeito semipresencial en Sober o pasado sábado 22 de xaneiro. Entre os acordos, decidiuse convocar a V Asemblea do colectivo para o mes de maio en

Antas de Ulla, á que están chamadas a participar todas as persoas, asociacións e

candidaturas que integran Ig Vivo e aquelas que concorden cos seus principios.

Nesta asemblea decidirase o programa básico, partindo dos documentos xa traballados

na Asemblea do Courel, en defensa da vida digna no interior galego, e darase forma legal

á Plataforma, iniciando, ademais, o traballo cara as Municipais 2023.

Entre as temáticas que se abordarán nos vindeiros meses especificamente estarán a ausencia de políticas públicas de vivenda, que xa provoca falta de oferta de alugueiro para mocidade que quere vivir no rural, a necesidade dun plan de mobilidade que conecte as parroquias rurais coas vilas, máis aló da mobilidade asociada ao turismo, ou o desenvolvemento dunha proposta de fiscalidade específica para o rural, que permita fixar poboación e combater as desigualdades. Tamén continuar coas denuncias das carencias de Atención Primaria e Pediatría no interior.


Entre as persoas participantes, en presencia ou telematicamente, estiveron concelleiras e

concelleiros de Por Chantada, Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Courel Vivo, Agroma Sober, Xuntos por Chandrexa e Xuntos por Laza, grupos que xa teñen activas liñas de traballo de cara as Eleccións Locais de 2023.


Interior Galego Vivo está integrada por xentes e/ou candidaturas de Antas de Ulla, A Pobra de Brollón, Carballedo, Chantada, Chandrexa de Queixa, Ferreira de Pantón, Folgoso do Courel, Laza, Manzaneda, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, O Saviñao, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Quiroga, Samos, Sober, Taboada, Touro, Trives, Vilalba e Xinzo.


Asemade, participan movementos veciñais como comunidades de montes, asociacións feministas e viciñais, movementos sociais e plataformas en defensa do ferrocarril e contra

proxectos eólicos invasivos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page