top of page

INTERCUN volve á Semana Verde de Galicia para exhibir os novos formatos da carne de coello


Ecos da Comarca /Silleda

A carne de coello será protagonista indiscutible da 45ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra en Silleda dende mañá, día 8, ata o 11 de xuño. E é que a organización interprofesional cunícola, INTERCUN, volverá ter un espazo preferente nesta cita que concentra a gran parte do rural galego e pola que previsiblemente pasarán máis de 100.000 persoas, entre profesionais e visitantes.


Durante estes catros días, o stand E6 contará cun showcooking que permitirá aos asistentes degustar este alimento saboroso, saudable e sostible, tanto ecolóxica como socialmente.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O obxectivo de INTERCUN é exhibir as grandes posibilidades que abren os tres novos formatos que se están convertendo na nova forma de cociñar en Europa (muslos, medallóns e medio coello partido), pero tamén mostrar a importancia do sector cunícola para o medio rural.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste sentido, a directora xerente de INTERCUN, Mari Luz de Santos, estará dispoñible para explicar o alcance da campaña europea Carne de Coello, o Secreto da Dieta Mediterránea, así como para analizar a situación actual das granxas cunícolas en España. E moi especialmente en Galicia, que concentra a un de cada seis coellos criados no país (un 17%).

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page