Ecos da Comarca/Melide
Este domingo pola mañá un taxista foi interceptado por axentes da Garda Civil de Tráfico cando circulaba a 167 quilómetros por hora pola municipio de Melide.

O condutor circulaba a máis do dobre da velocidade permitida, xa que era un tramo de 70. En concreto, conducía por unha zona do Camiño Francés e foi parado polos axentes nun control rutinario na estrada N-547 que unen as cidades de Lugo e Santiago de Compostela. Dirixíase ao aeroporto de Santiago de Compostela a buscar a uns peregrinos.
Esta persoa terá que comparecer nun xuízo rápido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa e enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses, e, tamén á privación do dereito de conducir vehículos a motor e ciclometores por tempo superior a un e ata catro a anos.
Comentários