top of page

Instalaranse dúas antenas de telefonía móbil no concello de Rodeiro

O alcalde acusa ao anterior goberno de "non facer nada para mellorar a cobertura de telefonía móbil"


Ecos da Comarca/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, informa que proximamente en Camba se van instalar dúas antenas de telefonía móbil, unha en San Matiño de Asperelo e outra no Mesón do Toxo parroquia do Salto. "Isto todo grazas ao traballo feito polo actual equipo de goberno", recalca.

"No ano 2019 cando Cati Somoza era concelleira do anterior goberno o Concello de Rodeiro, adheriuse ao convenio de colaboración entre a Federación Gallega de Municipios e Provincias e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia para instalación de antenas en zonas con deficiencia de cobertura de telefonía móbil dónde Rodeiro era un deses concellos. Que fixo o anterior goberno para mellorar a cobertura de telefonía móvil dende o 2019 a maio do 2023? Pois nada. Soamente firmar un convenio de colaboración no ano 2020, do resto do traballo nin se preocupou", asegura o mandatario.


"Que fixo o actual equipo de goberno para mellorar a cobertura de telefonía móbil en zonas con deficiencias de cobertura nada máis chegar ao goberno? Fixo un traballo de negociación cos veciños e veciñas para que cederan os terreos durante 15 anos coa finalidade de poder instalar ditas antenas de telefonía móbil, acceso a ditas parcelas, valoracións e validación cos técnicos de Retegal e Vodafone, un traballo complexo que vai dar os seus froitos nos próximos meses", recalca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O rexedor rodeirense quere agradecer "ao Obispado de Lugo e a como non, a un veciño de San Martiño a disponiblidade gratuita dos terreos durante os próximos 15 anos para instalación das mesmas.  Chegamos para mellorar a vida da veciñanza e pouco a pouco imolo conseguindo, tamén en tecnoloxías, fibra na maior parte das viviendas do concello, e agora telefonía móbil nas zonas con deficiencia de cobertura".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page