top of page

Inspeccionan 5 empresas de Dozón, Lalín, Moaña e Porriño pola comercialización de botellas de licor

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A Gardia Civil intervén 461 botellas nestas firmas con precintos fiscais non activados


Ecos da Comarca/Deza

A Garda Civil inspecciona cinco empresas que comercializaban botellas de licor sen a pertinente activación do precinto fiscal e mesmo outras que carecían do mesmo. A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Marín, observa que nun local de Moaña vendíanse botellas de licor coa etiqueta sanitaria, pero sen precintos fiscais. Tras a súa aprehensión e denuncia por infracción á Lei de Impostos Especiais, inician unha investigación para coñecer a procedencia destes licores. Co apoio da Patrulla de Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vigo inspecciónase o local da empresa distribuidora de licores, situada en Porriño, atopando 200 botellas de alcol que aínda que tiñan precinto fiscal, non acreditaba o pago do imposto devengado, polo que se procede á intervención das mesmas.


Posteriormente realízase unha inspección á empresa fabricante de licores, sita en Dozón, na que se interveñen 240 botellas de diferentes alcois, que, a pesar de ter o precinto fiscal, non estaba acreditado o pago do imposto devengado. Ademais realízanse inspeccións a dous comercios máis situados en Dozón e Lalín.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Finalmente son inspeccionadas cinco empresas, sendo precintadas 457 botellas de licor e 31 garrafas de 3 litros de capacidade cada unha, cuxas precintas non foran dadas de alta, e por tanto, non estaba acreditado o pago do imposto devindicado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A mercadoría queda depositada e precintada nas distintas empresas e ao dispor da autoridade administrativa competente.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page