top of page

Innovación, diferenciación e márketing de influencia, as estratexias a debate no curso celebrado na EFA Piñeiral

Laura Moure/Arzúa

A segunda das xornadas da acción formativa “Tendencias en Agromárketing”, promovida pola Fundación Juana de Vega e a Rede Eusumo tivo lugar o pasado venres no centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral (Arzúa). Estudantes de comercio, márketing e industrias alimentarias así como produtores agroalimentarios puideron

coñecer as claves da relación entre marcas e influencers grazas a Alba Mouriño e Rita Bello, da axencia Las Dos Somos Comunicación. A sesión tamén contou coa participación e testemuño do autor da web e canais sociais “Elhambreconlasganasdebeber”, quen esclareceu cómo se traballan as estratexias de influencia coas marcas.

Os asistentes á xornada traballlaron nunha dinámica de selección de  influencers  para as iniciativas empresariais presentes como colofón da actividade.


A traxectoria das cooperativas Milhulloa, Asociación Raíña Paraíso, Queixo Campo Capela e Ericamel protagonizaron a mesa redonda moderada por Beatriz Suárez, directora de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Vega. Neste debate quedaron de manifesto os retos na innovación e márketing da empresa de economía social do sector.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A visita ás instalacións de Milhulloa Cooperativa en Palas de Rei sirveu como colofón ás xornadas nas que quedou de manifesto a necesidade da “investigación comercial, segmentación, innovación e diferenciación como pedra angular do éxito das iniciativas empresarias agroalimentarias”.


Na xornada do xoves o programa do curso contemplou as sesión a cargo de José Manuel Suárez da empresa consultora  IuniStrategics, do profesor da USC e CEO de Pe Márketing José Ramón Porto e de Luis Feijoo, responsable de El Fotogastro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“A Efa Piñeiral ten a misión de servir como centro catalizador capaz de favorecer a formación, o contacto e coñecemento de estratexias e iniciativas. Neste curso quedou patente non só o músculo do que goza o noso sector alimentario, senón tamén das posibilidades de mellora do mesmo coa axeitada elección de estratexias de márketing”, afirma Raquel Carregal, directora da Efa Piñeiral.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page