top of page

Iniciada a contratación da mellora da mobilidade peonil na EP-6007 ao seu paso por Cercio, en Lalín

O presidente Luis López explicou que a actuación conta cun orzamento de 610.000 €, dos que a Deputación financia o 70% (430.000 €) e o Concello o 30% restante


Laura Moure/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a pasada semana a aprobación do expediente de contratación para as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-6007 Goleta-Cercio-Estrada Rodo-Brántega, en Lalín, ao seu paso polo núcleo de Cercio. Unha actuación que conta cun orzamento total de 610.000 euros, dos que a Deputación financia o 70% (430.000 €) e o Concello o 30% restante (180.000 €).

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

As obras desenvolveranse nun tramo de 250 metros da estrada provincial ao seu paso polo núcleo de Cercio, onde se mellorará a mobilidade peonil e se habilitarán novos espazos de aparcamento. Para iso acondicionaranse dúas zonas preto da igrexa, creando unha praza para a xuntanza dos veciños e outro espazo para estacionamento.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais, executarase unha senda peonil nun primeiro tramo; nun segundo, habilitarase unha plataforma única como zona de convivencia, con preferencia peonil, e no tramo final mellorarase o trazado existente. Por outra banda, na contorna da igrexa parroquial de Santiago instalarase un novo pavimento, mobiliario e plantaranse árbores. E, entre outras actuacións, tamén se executará a rede de pluviais e faranse melloras no alumeado da zona.


O presidente Luis López sinalou que esta aprobación forma parte dun paquete de “cinco cuestións relacionadas coa modernización e mellora para outras tantas estradas provinciais, que suman máis de 3 millóns de euros”, aprobadas na Xunta de Goberno desta semana.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ademais desta actuación, tamén se avanzou noutras relacionadas con estradas provinciais da Caniza, Tomiño, Gondomar, Baiona, Mos e Silleda. “Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page