Iniciada a axenda de lavado de rúas nos cascos urbanos de Silleda
- ecosdacomarca
- 8 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos de limpeza integral e lavado de rúas na xornada de onte. Operarios de servizos varios, contratados a través da Liña 3 do plan Máis Provincia da Deputación abriron este luns a quenda destes traballos na rúa Alfonso Trabazo de Silleda.

Publicidade
Estas actuacións iránse extendendo polas rúas dos dous cascos urbanos ao longo dos vindeiros meses, avisando previamente á veciñanza para apelar á sua colaboración á hora de ter despexados de vehículos os tramos nos que se vaia actuando.
Comments