top of page

Ingresan no cárcere de Monterroso os futbolistas do club da Arandina condenados por agresión sexual

Ecos da Comarca/Monterroso

ree
O cárcere de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.

Os que foron xogadores do club de fútbol da Arandina (Aranda del Duero) condenados por agresión sexual ingresaron a pasada semana, o 21 de abril, no cárcere de Monterroso. Carlos Cuadrado e Víctor Rodríguez foron condenados a nove anos por agredir sexualmente a unha menor de 15 anos no ano 2017.


Nun primeiro momento, foron condenados a 38 anos pola Audiencia provincial de Burgos sen embargo, presentou un recurso que levou o caso ao Tribunal Superior de Justicia de Castilla y León onde se rebaixou de maneira significante a pena quedando en catro anos no caso de Carlos Cuadrado e a tres no de Víctor Rodríguez entendendo que se trataba dun caso de abuso sexual e non de agresión sexual. Pola súa contra, o máis novo deles, Raúl Calvo, quedou absuelto por entender que ambos tiñan idades próximas e un grao de madurez similar.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Finalmente, unha vez levado ao Tribunal Supremo por parte da Fiscalía, esa pena saumento aos dous sumando cinco anos o que ascende a un total de nove anos de prisión para cada un.


Ao tratarse dun ingreso voluntario, ambos puideron escoller o cárcere e decantáronse pola de Monterroso. Barallaran cárceres de Valladolid e Burgos, pero finalmente elixiron a da comarca da Ulloa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page