top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Indisposición ao volante en Silleda

Accidente no km 4 da PO-205, uns minutos despois das sete e media desta tarde


Ecos da Comarca/Silleda

Un home sufriu unha indisposición mentres conducía un turismo, que rematou fóra da vía, en Silleda. Segundo puido saber o 112 Galicia, no coche viaxaba outra persoa, unha muller, que resultou ilesa.


Os feitos sucederon no punto quilométrico 4 da PO-205, uns minutos despois das sete e media desta tarde.


Nada máis ter coñecemento do suceso, a través dunha persoa particular, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse á Policía Local e aos Bombeiros de Deza.


Finalmente, o home foi trasladado polos efectivos sanitarios ata un centro médico.

Unha ambulancia. Fonte: Ecos da Comarca

*Cabe mencionar que esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page