Independentes por Monterroso presentou a súa candidatura para as eleccións municipais
- Laura Moure

- 7 may 2023
- 1 Min. de lectura
Está liderada pola actual alcaldesa, Rocío Seijas, que recalcou estar acompañada de 13 persoas "comprometidas e preparadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza
Laura Moure/Monterroso

A agrupación Independentes por Monterroso presentou este venres a súa candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio. Unha candidatura liderada pola actual alcaldesa da vila, Rocío Seijas, que se acompaña de 13 persoas "comprometidas e preparadas para mellorar a calidade de vida da veciñanza" , afirmou Seijas na presentación.
No acto falaron interviron Eva Pacín, número 4 da lista; María Elena Vázquez, número 5; Luis Mariño "Roque", número 2: e por último, Rocío Seijas, candidata á Alcaldía.
Nas súas intervencións presentaron algunhas das propostas do seu programa electoral e amosaron a súa disposición "a traballar xuntos por Monterroso para seguro facendo camiño e mellorar a calidade de vida da veciñanza".







Comentarios