Independentes por Monterroso lamenta "a falta de diálogo no pleno de organización"
- ecosdacomarca

- 16 jul 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Independente por Monterroso (IxM) lamenta "a falta de diálogo e a imposición de asuntos
que se trataron no pleno de organización e polo tanto a falta de acordos". O venres celebrouse o pleno de organización de Monterroso e IxM mantivo moi clara a súa postura
política recalcando "a súa independencia política, sen ningún tipo de cor e afinidade política e respectando a súa máxima que sempre foi é e será o benestar e o avance do pobo de Monterroso".

Para IxM a vontade popular "foi clara e é que todas as forzas políticas deben dialogar e chegar a acordos, algo que neste pleno non se produciu. De feito, con IxM non se negociou ningún punto da orde do día e todo parece indicar que con ningunha forza política".
IxM deixou claro que en todos os asuntos do pleno que non sexan negociados coa súa
formación política non votarán a favor salvo que a premura determine que é preciso e sempre que sexa algo indispensable, urxente e necesario para o pobo. Absteranse se o seu voto non condiciona o resultado da votación e sempre e cando non prexudica a Monterroso e votará en contra sempre que entendan que sexa un asunto que se poda pospoñer o seu estudo ou claramente prexudique ao pobo.
Publicidade
Nos asuntos da orde do día lamentaron que por parte da Alcaldía "non se aceptaran as
propostas de IxM durante o pleno e que as que se propoñían por parte da Alcaldía quedaran rexeitadas dada a oposición de todas as forzas políticas". Sucedeu coa periocidade das sesións plenarias xa que IxM propuxo que se celebrasen de maneira mensual mentres a situación política de Monterroso non permita unha estabilidade para que os grupos da oposición podan levar a cabo a labor de control e fiscalización ao equipo de goberno. "Todos os grupos da oposición estaban dacordo pero non foi admitida por parte da Alcaldía que mantivo a súa postura de empezar o primeiro pleno ordinario en
setembro e de maneira bimensual algo que non foi aprobado xa que obtivo o rexeitamento
de todas as forzas políticas, xa que suporían tres meses e medio de goberno sen fiscalizar".
O mesmo sucedeu coa creación da xunta de goberno, explica IxM, na que se propoñía que formasen parten os tres membros do PP, un órgano de asesoramento que é potestativo e que IxM rechazou xa que o ve "incongruente dado que non se especificaron as delegacións, suporía un coste económico mensual de 720 euros e carecería de contido xa que o resto de membros do equipo de goberno non teñen atribuídas competencias".
Neste sentido a portavoz de IxM, Rocío Seijas, cuestionou que no "mes que o PP leva no
equipo de goberno, a Alcaldía non foi quen de delegar as súas competencias e dotar de contido aos seus compañeiros de partido. Só unha competencia foi delegada, o outorgamento de licenzas no tenente de alcalde pola incompatibilidade persoal e profesional da Alcaldía".








Comentarios