top of page

Incendio nunha nave dunha planta de cerámica da Laracha

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Os bombeiros do Parque Provincial de Carballo participaron esta noite, ás 00:06 horas, nun operativo provocado polo incendio dunha nave da planta de Cerámica Campo na parroquia de Lendo, no concello da Laracha, tal e como informa Prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.


O incendio ocorreu na zona do secadeiro de cerámica. O equipo de Bombeiros tratou de sufocar o incendio con dúas liñas de auga, pero por mor das altas temperaturas e a que a instalación de hidrantes da fábrica non estaba operativa, solicitaron a colaboración doutro parque, chegando ao lugar o o SPEIS02 de Arteixo sobre as 1:30 horas.

Un bombeiro durante as tarefas de extinción na Laracha. Autor: Prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

"Unha vez realizada a extinción, accedeuse ao interior para refrixerar e comprobouse que no chan hai uns 20 cm de auga mezclada con líquido de tipo oleoso e cor negra. Ás :27 horas retíranse todos os medios co lume xa extinguido, pero como segue a saír fume indícaselle ao persoal de fábrica que manteñan a vixilancia na zona. Posteriormente, ás 7:45 horas, os bombeiros do parque Provincial de Carballo volven ao lugar para facer

máis comprobacións e avaliar a situación, volvendo a refrixerar ao comprobar que había zonas que seguían con altas temperaturas. Non houbo feridos. Descoñécese a orixe do lume porque a información facilitada non foi clara", subliña o Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participou un cabo e dous bombeiros do Parque Provincial de Carballo, a Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e o bombeiros do SPEIS02 Arteixo.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page