Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá orixinouse un incendio nun camión no municipio do Pino. O suceso tivo lugar ás 11:10 horas na estrada N-634 á altura da parroquia de Pastor, un pouco antes de Ponte Carreira, segundo informa o 112 Galicia.
Foi un particular o que alertou do suceso que indicaba que o condutor atopábase ben e fóra do vehículo. Finalmente só, ardeu a cabina, tal como sinala o 112.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Arzúa e os axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén foron informados o servizo de mantemento de estradas.
תגובות