top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Inícianse con normalidade en Silleda as oposicións para o corpo superior xeral da Xunta de Galicia

A porcentaxe de participación é dun 52%



Ecos da Comarca/Silleda

A Xunta acaba de iniciar hoxe con normalidade as oposicións para 75 prazas no Corpo Superior da Administración autonómica (A1). A porcentaxe de participación nos exames que se celebran esta mañá no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda, é do 52%. A estas probas estaban convocados un total de 1.572 aspirantes dos que finalmente se presentaron 822.


Publicidade

A continuación, pola tarde ás 16:00 horas realizaranse os exames para 120 prazas do Corpo auxiliar (C2) no que están chamadas a participar máis de 8.700 persoas.

Operativo de seguridade Un operativo formado por preto de 280 persoas controla que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade. O recinto dispón tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page