Inícianse a mellora viaria en Cruces con medidas para garantir a mobilidade durante a Festa do Galo
- ecosdacomarca

- 23 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces informa de que xa deron comezo as obras de mellora nas rúas Neira Vilas Travesía Vázquez nº 5 e parte da rúa Sergio Iglesias, unha actuación necesaria para continuar coa renovación e modernización das infraestruturas municipais.

O pasado día 15 procedeuse á sinatura da acta de replanteo do inicio das obras nunha reunión na que participaron o técnico da Deputación de Pontevedra, a empresa adxudicataria, o director da obra e o alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada.
PUBLICIDADE
O alcalde, Luís Taboada, lembra, ademais, que esta actuación está incluída dentro dunha subvención da Deputación de Pontevedra, polo que existen uns prazos concretos tanto de execución como de xustificación que o Concello está obrigado a cumprir.
PUBLICIDADE
O Concello está a adoptar medidas para minimizar as molestias derivadas dos traballos e garantir, na medida do posible, a mobilidade e a seguridade tanto da veciñanza como das persoas visitantes e da actividade comercial da zona. Ademais, o Concello tenprevista a habilitación de zonas de estacionamento con motivo da celebración da Festado Galo e as obras estarán debidamente valadas e a circulación non sufrirá consecuencias por mor do inicio destes traballos.
Cabe mencionar que o BNG criticou este xoves que non se iniciasen estas obras: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-cruce%C3%B1o-acusa-ao-goberno-de-falta-de-planificaci%C3%B3n-no-inicio-de-obras-na-vila








Comentarios