top of page

Igualdade do Concello de Touro e o CPI de Fonte Díaz promoveron un proxecto no que foron entrevistadas12 mulleres polo 8M

Mulleres do municipio de varias xeracións que para o alumnado son referentes e que lles marcaron un camiño para seguir na loita por unha igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes


Ecos da Comarca/Touro

A área de Igualdade do Concello de Touro en coordinación co CPI de Fonte Díaz, levaron adiante o proxecto educativo: “8M: As nosas mulleres referentes de Touro”, que consistiu nunha serie de pílulas de vídeo entrevistas a mulleres do concello polo alumnado de 3º e 4º da ESO.


O alumnado escolleu as persoas ás que lles realizaron as entrevistas, xa sexa dentro do seu círculo familiar ou fóra del. Mulleres de varias xeracións, vinculadas dunha forma ou outra ao municipio e que para o alumnado son referentes e que lles marcaron un camiño para seguir na loita por unha igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.

Foron 12 pílulas as que se fixeron e subíronse ás redes do Concello, nos días anteriores e posteriores ao 8M. Cada unha das entrevistas tivo unha altísima cantidade de visualizacións e compartíronse en redes. Aí podemos ver vidas dispares ou similares entre si, vidas marcadas pola migración no caso das mulleres de maior de idade, por traballos dentro e fóra do espazo familiar, e mulleres que destacan na ciencia ou a na docencia.


Todas as pílulas atopámolas reunidas na canle de Youtube do Concello, na seguinte

dirección:


Lista de resproducción 8M: mulleres referentes en Touro


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Atoparemos as entrevistas seguintes:

1) Carmen, a Química que abriu a súa propia empresa no polígono e fai estudos de

fármacos.

2) Nélida, unha avoa que nos conta a súa historia de ida e volta, na súa emigración

a Suíza.

3) Melanie, unha moza de Estrasburgo ensinándonos a falar francés.

4) Begoña, unha familia emigrante retornada e empresaria de produtos agrícolas.

5) Carmen, a emigrante de ida e volta a Francia. Traballado desde os 14 anos.

6) Claudina, case un século traballos de coidados familiares sen remuneración.

7) Rosa, unha vida de traballos varios e sendo a primeira muller taxista da zona.

8) Silvia, dona dunha explotación gandeira.

9) Francisca, un século de historias.

10) Gloria, costureira e cociñeira.

11) Florentina, traballo de coidados dentro e fóra da casa na emigración.

12) Isabel, emigrante, cooperativista e emprendedora.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page