top of page

ICOMOS-España segue demandando un informe independente sobre o impacto patrimonial de ALTRI

A Plataforma Ulloa Viva solicita de Icomos-España a elaboración por dita organización dun informe de impacto sobre o Camiño de Santiago



Ecos da Comarca/A Ulloa

A plataforma veciñal Ulloa Viva acolle con satisfacción a recente declaración deICOMOS-España relativa ao proxecto industrial promovido pola empresa Greenfiber SL(ALTRI)

(https://icomos.es/comunicado-sobre-el-proyecto-de-altri/ )Nun comunicado ICOMOS-España desvincúlase dos informes (de impacto visual e patrimonial) contratados, pagados e presentados por Altri ante a Xunta o 23/01/2025, e que fundamentaron, so 7 días hábiles maáis tarde, o informe favorable á macrocelulosa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, de data 04/02/2025 .

ICOMOS-España declara que os devanditos informes foron realizados a título persoal e privado, sen que a organización tivese participación nin asumise ningunha responsabilidade na súa elaboración.


Tamén precisa ICOMOS que dende unha xuntanza do 16/05/2024 non tivo mais comunicación oficial por parte da Xunta (ou de Altri), o que evidencia que todos os pasos

posteriores (contratación, redacción e presentación por Altri dos informes mencionados)

fixéronse á marxe de ICOMOS.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Agradecemos o feito de que ICOMOS-España exprese de novo a necesidade dunha Avaliación de Impacto Patrimonial independente, prestando especial atención aos efectos

visuais e perceptivos, ao estudo de alternativas e á inclusión activa das comunidades locais no proceso. Esta demanda coincide plenamente coas reivindicacións que Ulloa Viva

demanda desde o inicio do conflito", sinala a Plataforma.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende a Plataforma Ulloa Viva solicitáronlle a ICOMOS- España a elaboración dun

estudo sobre o impacto patrimonial da implantación do complexo industrial previsto por

GREENFIBER, S.L. no Camiño Francés, de acordo cos criterios e directrices da Convención do Patrimonio Mundial.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page