top of page

Icía Taboada e Micaela Corrales, gañadoras do X Certame de Microrrelatos do Concello de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Son alumnas respectivamente do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CPR María Inmaculada e os dous centros recibirán ademais un lote de libros


Laura Moure/Silleda

O Certame de Microrrelatos da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda xa ten novas gañadoras. Icía Taboada Pérez, de oito anos e alumna do CEIP Plurilíngüe de Silleda, alzouse co premio na categoría de 6 a 12 anos, co traballo baixo o lema A Paz. Na categoría de máis de 12, a gañadora é Micaela Corrales Costa, de 16 anos, alumna do CPR María Inmaculada, co traballo presentado baixo o título O silencio.

Os premios consisten nunha tablet valorada en 100 euros para cada unha delas, e un vale de compra de 20 euros para gastar en comercios de Silleda. Así mesmo os colexios aos que pertencen recibirán senllos vales de 50 euros para mercar libros en galego para as bibliotecas dos centros. A entrega dos galardóns do certame terá lugar nos vindeiros días nos propios centros educativos.


O certame de Microrrelatos convocado dende a Concellería de Normalización Lingüística de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, recibiu nesta edición un total de 75 traballos, unha cifra que da conta da consolidación desta iniciativa que botou a andar con éxito en Silleda hai xa unha década. O lema deste ano foi a Paz.

O xurado desta sexta edición estivo formado polas xornalistas Salomé Soutelo (Faro de Vigo) e Rocío Ramos (La Voz de Galicia) e presidido pola concelleira de Normalización. Esta última agradeceu a colaboración dos centros, dos membros do xurado e destacou tamén a creatividade e orixinalidade dos traballos presentados.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page