Son alumnos respectivamente do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CPR María Inmaculada
Laura Moure/Silleda
O Certame de Microrrelatos da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda xa ten novos gañadores. Iago Martínez Iglesias, de 11 anos e alumno do CEIP Plurilíngüe de Silleda, alzouse co premio na categoría de 6 a 12 anos, co traballo baixo o lema “O amorodo e a mora” . Na categoría de máis de 12, o gañador é Ignacio García González, de 13 anos,alumno do CPR María Inmaculada polo traballo “Cousas que permancerán para sempre”.
Os premios consisten en vales de 100 euros para cada para gastar no comercio de Silleda. Así mesmo os colexios aos que pertencen recibirán senllos vales de 50 euros para mercar libros en galego para as bibliotecas dos centros.
A entrega dos galardóns tivo lugar hoxe nos respectivos centros a cargo da concelleira en funcións de Educación e Normalización Lingüística de Silleda, Ángela Troitiño. O xurado desta undécima edición estivo formado polas xornalistas Salomé Soutelo (Faro de Vigo) e Melissa Lojo (Diario de Pontevedra) e presidido pola concelleira de Normalización. Esta última agradeceu a colaboración dos centros, dos membros do xurado e destacou tamén a creatividade e orixinalidade dos traballos presentados este ano, co lema “A literatura galega”.
Comments