top of page
Foto del escritorLaura Moure

Hoxe, venres 29, inaugúrase o parque infantil da Bandeira

Cando se amplíe a praza colocaranse columpios e outros elementos de xogo no entorno


Laura Moure/Silleda

Este xoves finalizaron as obras de renovación e ampliación do parque infantil da Bandeira (Silleda), as cales arrancaron fai xusto dous meses, tal e como establecía o contrato. O proxecto, cun orzamento de 97.887,72 euros, acometeuse integramente con fondos municipais. Trátase dun espazo público moi utilizado polos cativos e cativas da localidade e arredores e que acusaba un notable deterioro polo uso e o paso do tempo. A apertura terá lugar hoxe, venres día 29, ás 16:00 horas, ca participación dos nenos e nenas nunha pequena festa para celebrar a renovación deste espazo público.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A remodelación do espazo adicado a parque infantil, cunha superficie de 200 metros cadrados, supuxo colocar novos elementos de xogo como unha estrutura hexagonal con 6 entradas para distintos xogos, cama elástica, muelle, columpio colectivo tipo trainera de madeira tratada e semiesferas no pavimento. Cas obras de ampliación da praza, unha vez que se faga efectiva a adquisición da vivenda contigua ao parque, o Concello de Silleda instalará columpios e outros elementos complementando este espazo infantil.

Temática relacionada co universo

O parque tamén se ampliou 80 metros cadrados cara ao leste, creándose así unha segunda entrada pola rúa do Entroido. Renovouse todo o pavimento e este espazo de xogo dotouse dunha temática relacionada co universo. Das tres árbores existentes que quedaban nesta zona, un dos carballos que estaba seco tívose que retirar por motivos de seguridade. Os outros dous integráronse cos novos elementos de xogo para ter así máis protagonismo, ademais de plantarse 4 novos exemplares de bidos (abedules boleares).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais destes cambios, púxose un pequeno xardín no acceso que suaviza o límite do parque cas beirarrúas, cun seto perimetral con 50 exemplares de abelia, así como a instalación de bancos novos.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page