É o comprendido entre a rúa Trasdeza e a intersección cas rúas Emilio Alonso Paz e República Arxentina
Ecos da Comarca/Silleda

Hoxe, luns 24, quedará pechado ao tráfico en Silleda o tramo da rúa Progreso comprendido entre a rúa Trasdeza e a intersección cas rúas Emilio Alonso Paz e República Arxentina. Trátase do único tramo no que aínda non se realizaron traballos no marco do proxecto de mellora e humanización da rúa Progreso, unha reforma que se acometerá con cargo á subvención do IDAE e que supón un investimento de preto de 800.000 euros.
"Prégase ás persoas usuarias que a partir do luns non estacionen neste último tramo da rúa, que se pechará ao tránsito. O tráfico quedará desviado polas rúas adxacentes", indica o Concello.
Comments