top of page

Hoxe partiu á zona afectada pola DANA un camión cas aportacións recollidas en Silleda, Lalín e Rodeiro

Seguindo a recomendación da Fegamp e doutras institucións, supendese ata novo aviso a recollida e recoméndase só facer aportacións económicas


Laura Moure/Silleda

En relación ao envio de material de primeira necesidade e produtos alimentarios á Comunidade Valenciana, dende o Concello de Silleda comunícase que no día de hoxe, martes 5 de novembro, partiu cara a zona afectada pola DANA, un camión cas aportacións recollidas nas últimas horas, xunto cos concellos de Lalín e de Rodeiro. Seguindo a recomendación da Fegamp e doutras institucións da comunidade valenciá, supendese ata novo aviso a recollida, recomendándose a todas as persoas que queiran colaborar facelo a través de aportacións económicas.

Dende o Concello de Silleda agradécese toda a colaboración prestada, tanto pola veciñanza, como polas empresas e entidades. Así mesmo, destácase a implicación do tecido asociativo que respondeu dunha forma masiva á convocatoria celebrada onte luns no salón de actos, e que tamén contou cos representantes de todos os grupos da Corporación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nesta xuntanza explicouse a situación nas iniciativas de axuda, e a disposición do Concello de Silleda para realizar, no caso de ser precisas, novas campañas de recollida, recomendando sempre centralizar actuacións a fin de facilitar despois a distribución do material.


Actividades solidarias

No encontro cas asociacións tamén se abordou a celebración de actividades cun carácter solidario en favor das vítimas da DANA, cuestión que se abordará nas vindeiras semanas nun novo encontro cos colectivos para perfilar actuacións xa máis concretas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page