top of page
Foto del escritorLaura Moure

Hoxe, luns, abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda, ca volta de natación

As inscricións poden realizarse no Concello e pola tarde no pavillón César G. Fares


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abrirá hoxe, luns 9 de setembro, o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades comezarán a impartirse na maioría dos casos como vén sendo habitual no mes de outubro, se ben algunhas delas arrancarán xa a vindeira semana (caso de esgrima, zumba fitness e baloncesto).

A gran novidade na oferta, cun total de 10 modalidades, son as actividades acuáticas, que voltan despois de varios anos, logo de chegar a un acordo o Concello de Silleda ca empresa que xestionará o Spa Fervenza do Toxa, nas instalacións do Hotel Vía Argentum. Así, voltan a partir de outubro as clases de natación para menores, que terán lugar os luns e mércores (con horarios aínda por definir en función das quendas) e o Aquagym para persoas adultas. As prazas son limitadas en ámbalas dúas modalidades.


Publicidade

Neste curso ofertaránse ademais : patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, ciclismo, esgrima e novamente atletismo.


Publicidade


As inscricións deben realizarse na Casa do Concello (de 9:00 a 13:00 horas) ou ben pola tarde no pavillón César G. Fares de Silleda, en horario de 18:00 a 20:00 horas. As actividades impartiranse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES (no caso de Atletismo, con sesións impartidas polo club Atletismo Deza), na Escola de Música (zumba kids) e tamén ao aire libre, no caso de modalidades coma o ciclismo, que imparte o Club Ciclista Estradense. Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2020, neste caso con prazas limitadas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page