top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Hoxe haberá unha visita guiada no Castro Curbín da man dos arqueólogos encargados da escavación

Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Turismo de Arzúa, xunto coa Dirección Xeral de Patrimonio e o grupo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela, poñen en marcha este sábado unha visita guiada para todos os públicos no Castro Curbín, un xacemento arqueolóxico representativo da “cultura castrexa” en Galicia.


A visita, que comezará ás 12:00 horas, terá unha duración de aproximadamente uns 45

minutos. Será levada a cabo polo arqueólogo encargado da escavación e consistirá, por unha banda, nunha presentación do Castro Curbín ensinándolles aos visitantes o castro dende fóra e dende dentro; tamén se falará sobre os costumes e as formas de vida nestes asentamentos e, por outra banda, mostraranse os traballos realizados ata o momento, as sondaxes, e explicarase como son as estruturas e os materiais utilizados.

Dende o Concello de Arzúa sinalan a importancia deste enclave e as oportunidades turísticas que supón para a comarca, por iso apostan por poñer en valor este tesouro arqueolóxico do que aínda se conserva a súa fisionomía castrexa, coa forma circular da muralla e o espazo do foxo. Arzúa ten patrimonio, gastronomía e natureza o que a sitúan como un perfecto destino no cal gozar dunha excursión dun día ou, mellor aínda, dunha fin de semana ou dunha ponte.  


Aconséllaselles a todas as persoas que desexen realizar a visita, que estean alí dez minutos antes do comezo da mesma.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page