top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Hoxe domingo, 20 de agosto, celébrase o Día Mundial do Mosquito

IsmaelRS/Xeral

O 20 de agosto celébrase o Día Mundial dos Mosquitos en memoria do doutor británico Sir Ronald Ross, que descubriu que os mosquitos femia son os responsables de transmitir a enfermidade da malaria entre os seres humanos.


Foi o 20 de agosto de 1897 cando este médico inglés descubriu a relación entre a transmisión da enfermidade da malaria e a picadura dos mosquitos femia.

Publicidade

Por que se celebra o Día Mundial contra o mosquito?

No mundo notifícanse millóns de casos de malaria, moitos deles con consecuencias mortais, e é por iso, que o descubrimento deste doutor británico tivo unha importancia crucial para a erradicación destas enfermidades tropicais como a malaria, o dengue, a febre amarela e o zika.


Para moitas destas enfermidades non existe vacina nin cura, e por tanto, a mellor arma para a súa erradicación é a prevención das picaduras de insectos.


O Día Mundial do Mosquito é unha oportunidade única para concienciar sobre o perigo das enfermidades transmitidas por mosquitos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page