Ecos da Comarca/Rodeiro

Hoxe, domingo 31 de decembro, disputarase ás 16:15 horas un partido benéfico que enfrontará o Cogal Rodeiro CF contra o Prefabricados Faro Veteráns Rodeiro. Será no Campo da Raña un partido benéfico.
Publicidade
"Vale moito máis de 3 puntos e permitirá que entre tod@s os que acudades a velo, poidamos axudar a familias do noso Concello. Pretendemos con isto dúas cousas. Primeiramente, que ninguén nestas datas teña a preocupación de non ter un prato de comida na súa mesa, nin un neno na súa casa sen un conto ou xoguete co que entreterse agardando a chegada dos Reis Magos. E por outra banda, que o fútbol rodeirense debe estar unido e así é. Xuntos conseguiremos que pensar en fútbol en Rodeiro, sexa pensar en unidade, alegría, compañeirismo e ilusión", sinalan dende o Cogal Rodeiro.
Publicidade
Alí haberá xente que che indicará onde depositar a túa doazón. "Moitas gracias de parte do @cogalrodeirocf e @veteransrodeiro ás entidades colaboradoras. A Asoc. O Falar das Pedras pola súa disposición dende o primeiro momento, e ao Concello de Rodeiro, institución que se encargará do mellor reparto das doazóns recibidas. Agradecer tamén ás compis do Rodeiro FSF, que participarán nunha sorpresiña que esperamos vos guste.
Sen máis, deica o día 31 ás 16:15 horas".
Publicidade
Comments