top of page

Mañá celébrase un dos días internacionais do gato


Foto: Ecos da Comarca


Laura Moure

Mañá, 20 de febreiro, celébrase o Día Internacional do Gato, aínda que non é a única data dedicada a estes animais. De feito, o gato é o único animal que celebra o seu día tres veces ao ano.


A orixen desta celebración débese a un gato moi importante chamado Socks (Calcetíns). Era o gato do daquelas presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton. Desde 1993 este gato viviu na Casablanca e colábase nos actos públicos do presidente, alcanzando naquela época gran popularidade tanto en EEUU como no resto do mundo, xa que o gato aparecía na sala presidencial durante os actos de prensa.


Pero a Socks diagnosticáronlle cancro e os seus donos decidiron darlle a eutanasia precisamente o 20 de febreiro de 2009. Ao morrer Socks, o 20 de febreiro celébrase cada ano o Día Internacional do Gato, co obxectivo de render homenaxe a estes animais de compañía e promover unha campaña de adopción para proporcionar un fogar aos animais da rúa.


Tamén se conmemora o 8 de agosto e o 29 de outubro

Tamén é o seu día o 8 de agosto por coincidir coa época de maior fertilidade no hemisferio norte. Neste caso foi o Fondo Internacional para o Benestar Animal quen o consolidou como data no calendario. E o 29 de outubro tamén se celebra en EEUU o Día Nacional do Gato a proposta de Colleen Paige, unha experta no comportamento dos gatos, que quixo xerar conciencia na poboación sobre a cantidade de gatos abandoados polas rúas das cidades.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page