top of page

Hoxe celébrase a Romaría Viva de Santiso

9 nov 2024
1 min de lectura

Incluirá unha andaina, unha sesión vermú con regueifa, unha mesa informativa e verbena


Ecos da Comarca/Santiso

Hoxe, sábado 9 de novembro, en Visantoña (Santiso), o colectivo Santiso Vivo da Plataforma Ulloa Viva organiza a “Romaría Viva de Santiso” que se celebrará no pavillón multiusos de Visantoña.

A xornada comezará ás 11 horas cunha andaina (11:00 horas) de 8 quilómetros desde Visantoña ao encoro de Portodemouros, haberá unha sesión vermú con regueifa coa participación de Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Manolo Maseda e xantar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola tarde ás 20 horas haberá unha mesa informativa (20:00 horas) na que participarán o xeógrafo Horacio García (coautor dun dos informes sobre o Proxecto Gama elaborado polo Consello da Cultura Galega) e Marta Gontá, presidenta da Plataforma Ulloa Viva. A xornada rematará cunha verbena a cargo de Loita Amada e Tiruleque.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page