top of page

Hoxe abrirase o tramo da rúa Progreso de Silleda á circulación de turismos

Apélase á colaboración da veciñanza para estacionar nos sitios habilitados a tal fin, mentres non rematen definitivamente os traballos


Ecos da Comarca/Silleda

Hoxe, xoves día 23, quedará aberto ao tráfico a rúa Progreso, en Silleda, pola que poderán circular –de momento- só turismos. Esta medida adóptase despois dos resultados das catas de formigón co que xa contan os dous primeiros tramos da obra realizada, con novo firme e dotación de beirarrúas en pedra.


En canto ao estacionamento, as zonas habilitadas para tal fin quedarán sinalizadas –mentres os traballos non rematen definitivamente- e apélase á colaboración das persoas usuarias á hora de estacionar os vehículos nos lugares axeitados.


O Concello informou este xoves que se están a instalar sinais provisionais (xa que a obra está sen rematar) para que os turismos poidan circular. En concreto, sinais de prohibición de vehículos pesados e limitación de velocidade a 20 quilómetros por hora. Así mesmo, lembra ás persoas condutoras que ao ser unha vía de plataforma única, tal e como establece o código de circulación, a preferencia en todo o tramo é peonil.


Os traballos de remodelación e humanización da rúa Progreso, cun investimento de máis de 700.000 euros, avanzaron de xeito considerable nas últimas semanas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page