top of page

Hoxe, 23 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro

Esta data coincide coa data de nacemento da autora


Laura Moure/Xeral

Fonte: Fundación Rosalía Castro.

Hoxe 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. No ano 2022 a Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasara a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata ese momento, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. O seu relato é enteder desde a perpectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días. Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Toda a información sobre ela na seguinte web: https://rosalia.gal/



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page