Históricos resultados do Atletismo Deza na competición autonómica máis importante da tempada
- ecosdacomarca
- 20 jun 2023
- 2 Min. de lectura
Beltrán Rivas logra un novo récord galego
Ecos da Comarca/Deza
O pasado domingo día 18 de xuño celebrouse no Barco de Valdeorras o campionato
galego de clubes sub10 e sub12 de atletismo. É a competición autonómica máis importante da tempada, donde a Escola de Atletismo Deza conseguiu uns históricos
resultados. Alá foron a competir os 12 mellores clubes de Galicia, onde o club lalinense
foi quen de clasificar tres dos catro equipos posibles. Os resultados foron:
-Sub10 feminino: novena posición
-Sub10 masculino: Séptima posición
-Sub12 feminino: Décima posición

Un resultado co que o club está máis que satisfeito. "É a primeira vez na historia que
conseguimos ter tres equipos no top10 autonómico. Isto non fai máis que seguir
confirmando o bo traballo feito os últimos anos. É unha pena que todo este progreso teña unha importante limitación, que son as instalacións. Somos o único club dos 12 participantes que non conta cunhas instalación homologadas para poder adestrar e competir", sinala.
Ese mesmo día pola tarde celebrouse o campeonato galego sub14 individual, onde a escola de atletismo Deza conseguiu doce participacións e tres metais. Dous ouros
(Beltrán Rivas en triple salto e Alan Fernández en salto con pértega) e un bronce
(Beltrán Rivas en salto de altura). O resto dos resultados foron:
5° posto Arturo Couso en lanzamento de xavelina con 26,24
7° posto para Xabier Salgueiro en 1000 metros obstáculos con 3:32 MMP
10° posto para o relevo 4x80 felinino
10° posto para Alan Fernández en lanzamento de xavelina con 21,88m
13° posto para Arturo Couso en lanzamento de peso con 7,38m
14° posto para Valeria Pájaro en 220mv con MMP 38,63
14° posto para María Campos en lanzamento de peso con 6,03m
15° posto para Xabier Salgueiro en 80 metros lisos
15° posto para Valeria Pájaro en lanzamento de peso con 5,98
Un ouro
O ouro de Beltrán Rivas con 11,42 significa un novo récord galego sub14, sendo capaz
de superar por nove centímetros os 11,33 que levaban sen superarse dende 1988. É
ademais a segunda mellor marca nacional do ano.
Komentarze