top of page

Graves perdas na produción da Ría da Arousa

"A negativa do PP a apoiar a declaración de interese xeral do sector do mar tradicional e o apoio á mina de Touro e Altri, son decisións políticas que se toman contra o sector da ría de Arousa porque van botar á xente do mar", subliñan a PDRA e as Confrarías


Ecos da Comarca/Xeral

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e as Confrarías e Agrupacións de Produtores de Mexillón sinalan que levan desde hai moitos anos reclamando un maior apoio, atención e coidado á Xunta de Galicia en relación a súas obrigas legais e morais de protexer a ría e, sinaladamente, no referente á necesidade de adicar recursos humanos, económicos e tecnolóxicos para investigar e vixiar as condicións ambientais, os vertidos, a calidade da depuración das EDAR e a calidade das augas dos ríos que alimentan a ría de Arousa. Recalcan que "da ría vivimos miles de familias e a súa actividade produtiva primaria é un motor socio-económico para todo o tecido produtivo da contorna e de Galicia".


Este mércores fixeron públicos os datos de produción de bivalvos (datos extraidos de pescadegalicia) dos dous últimos quinquenios (2014-18 e 2019-23) e do ano 2024:

"que son fundamentais para o futuro da nosa ría e observamos con fonda preocupación que o devalo produtivo continúa nos seguintes recursos":

1. Ameixa fina, cunha produción media de 329 Tn/ano no período 2002-2022 e unha produción media de 155Tn/ano no último quinquenio 2019-23, no ano 2024 a produción

foi de 21Tn, por tanto baixou un 86,5% con relación á media do 2019-23 e desde o ano

2013 a súa presenza na ría non fai máis que descender.


2. Ameixa babosa, cunha produción media de 556 Tn/ano no período 2002-2022 e unha produción media de 268,4Tn/ano no último quinquenio 2019-23, no ano 2024 a produción

foi de 38Tn, por tanto baixou un 85,8% con relación á media do 2019-23 e desde o ano

2015 a súa presenza na ría non fixo máis que diminuir.

3. Ameixa rubia, cunha produción media de 292 Tn/ano no período 2002-2022 e unha produción media de 144,4Tn/ano no último quinquenio 2019-23, no ano 2024 a produción

foi de 75Tn, por tanto baixou un 48,1% con relación á media do 2019-23 e desde o ano 2017 sufriu un descenso alarmante.


4. Berberecho, cunha produción media de 716 Tn/ano no período 2002-2022 e unha produción media de 301,8Tn/ano no último quinquenio 2019-23, no ano 2024 a produción

foi de 19Tn, por tanto baixou un 93,7% con relación á media do 2019-23 e desde o ano

2008 a súa presenza na ría pasou de ser un recurso fundamental a ter unha presenza

mínima, aínda que no ano 2022 tivo unha leve recuperación.


5. Ameixa xapónica, cunha produción media de 1329 Tn/ano no período 2002-22 e unha produción media de 1542Tn/ano no último quinquenio 2019-23, no ano 2024 a produción

foi de 901Tn, por tanto baixou un 41,6% con relación á media do 2019-23. Esta especie

foránea é máis resistente ás condicións adversas.


6. Na podución total de bivalvos (agás Carril) a media do quinquenio 2019-23 é de 2572 Tn/ano e a produción de 2024 foi de 1166Tn. Por tanto baixou un 44,7% con relación á

media do 2019-23.


7. As perdas económicas globais das vendas en todas as lonxas da ría de todos os recursos no ano 2024 (69M€) foron de 16,2 millóns de euros respecto á media do quinquenio 2019-23 (85,2M€).


8. As vendas de bivalvos en todas as lonxas da ría en 2024 (14,7M€), baixaron o 50% respecto da media do quinquenio 2019-23 (29,4M€). As perdas foron de 14,7 M€.


9. As perdas en 2024, por recurso foron de 4,3M€ na ameixa babosa, 4,2M€ na ameixa fina, 0,7M€ na ameixa rubia, 4,6M€ na ameixa xapónica e 2M€ no berberecho, en total 15,8M€. Unha perda de 10259€/permex no ano 2024.


10. A nivel de permex de marisqueo na ría de Arousa a evolución é claramente decrecente: 1731 en 2011, 1704 en 2014, 1686 en 2019 e 1540 en xaneiro de 2024.


11. As perdas consecutivas -sen ter en conta a inflacción- son de 10.M€ nos anos 2021 e 22 e de 8,5M€ no 2023, que sumados aos 15,8M€ de 2024 da unha perda nos últimos catro anos de 44,6M€.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"A ría está sufrindo un deterioro progresivo que se reflicte ano tras ano, na perda de toneladas de bivalvos, de millóns de euros, de permex e cos bancos marisqueiros sen capacidade de recuperación. Fronte a esta situación as axudas FEMPA ao marisqueo a pé e a flote foron claramente insuficientes e só se poido acoller unha parte do sector. As axudas a nivel de toda Galiza para a rexeneración que sairon en decembro de 2024 de importe máximo de 15.000€/proxecto e as de restauración da biodiversidade que sairon en xullo e outra vez en decembro de 2024 cun importe total de 1100.000€ -xa executado- e de 1,9 millóns de euros respectivamente, son importes moi precarios para resolver un problema deste calado . Entendemos que é URXENTE que a Consellería do Mar deixe de mirar para outro lado ou desvíe o foco do problema: a menor taxa de renovación das augas da ría provoca un maior impacto da contaminación das EDAR e dos vertido das fábricas. É necesaria unha acciónconxunta de saneamento e rexeneración. É necesario en primeiro lugar recoñecer o problema e tomar medidas reais e non propagandísticas. Os parches neste caso no valen, só alargan a agonía", recalcan.


Ademais, apuntan que neste contexto "a negativa do PP a apoiar a declaración de interese xeral do sector do mar tradicional, xunto coa declaración de proxectos estratéxicos da mina de Touro e da celulosa de Altri, son decisións políticas que se toman contra o sector do mar da ría de Arousa porque van botar á xente do mar. Desde os sectores afectados entendemos que é URXENTE un plan de rexeneración dos bancos marisqueiros e un plan de saneamento integral da ría e dos rios, ambos cunha forte dotación económica e a paralización da mina e a celulosa no río Ulla. Se seguimos como ata agora moitas persoas van seguir abandonando a actividade do mar e as confrarías que dependen do marisqueo van pechar e, a medio prazo perderanse as concesións e, por fin a Xunta poderá introducir a acuicultura industrial no espazo mariño das rías en sustitución do cultivo tradicional. Porque a Xunta está dando os pasos necesarios para que non sexa viable o marisqueo".


Ante todo isto, demandan que a Xunta de Galicia cumpra coas súas obrigas competenciais e adique os recursos necesarios (económicos, materiais e humanos) para abordar con seriedade o problema do marisqueo que estamos denunciando.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page