O produto da firma palense está elaborado con clara de ovo e calcio e pretende ser unha alternativa ao leite e ás bebidas vexetais
Laura Moure/Palas de Rei
Wovo Cremoso Maracuyá de Granja Campomayor de Palas de Rei acaba de recibir o Primero Premio á Innovación no Salón Gourmets 2023 entre a infinidade de propostas innovadoras presentadas ó certame celebrado no recinto Ifema de Madrid, tal e como se fai eco o Concello palense.
Granja Campomayor, referente nacional en innovación en torno ao mundo do ovo, vén de lanzar a través do seu spin-off Mundo Healthy unha nova categoría do produto que está chamado a revolucionar o mercado como alternativa ao leite e ás bebidas vexetais, con clara de ovo. Trátase de Wovo, que está elaborado con clara de ovo e calcio, cun alto contido en proteína de alto valor biolóxico e que inclue ata nove aminoácidos esenciais, non contén lactosa, gluten, grasa, hidratos de carbono nin azúcares engadidos.

"De orixe 100% natural, é un alimento sano e nutritivo que acabou sorprendendo, non só ao xurado do certame, senón que tamén, ao númeroso público que acudiu a probar esta novedosa innovación do equipo de i+D+i da firma palense, esta semana a súa zona expositiva no Salón Gourmets, unha das máis ateigadas da delegación galega", sinala o ente local.
A gama de produtos Wovo de Granjas Campomayor está composta, ademais, de pola bebida Wovo (bebida a base de clara de huevo UHT con calcio e vitamina D), que se presenta en envases dun litro e tres versiones (Orixinal, Calcio e Cacao), e Wovo Cremosos, en versións orixinal, fresa e maracuyá.
Cabe mencionar que o queixo DaJosefa, tamén de Palas de Rei, convertiuse no mellor queixo da vaca xoven nesta mesma cita. Ante estas boas novas, o alcalde do municipio, Pablo Taboada, mostra o seu orgullo. "Que esta Feira de Alimentación de produtos de alta gama, referente a nivel europeo, recoñeza e destaque ós produtos e propostas innovadoras que saen de Palas de Rei debe animarnos a seguir creendo e coidando ó sobresaínte potencial de calidade que oferta o noso concello. Somos un pobo traballador e o resultado salta a vista".
Traslada as súas felicitacións a DaJosefa, polo seu queixo artesanal e a Granjas Campomayor, pola súa proposta innovadora a base de clara de ovo, "galardoadas ambas e referentes nacionais, aos que anima no seu camiño da calidade".
NOTICIA RELACIONADA:
DaJosefa, o mellor queixo da categoría vaca xoven: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-queixo-de-palas-de-rei-e-outro-de-lal%C3%ADn-son-os-mellores-de-espa%C3%B1a-na-categor%C3%ADa-vaca-xoven
コメント