O Concello promove varios murais para poñer en valor o papel das mulleres que destacaron en distintos ámbitos ao longo da historia
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado dos Monxes está levando a cabo unha iniciativa que, ademais de embelecer os seus espazos públicos, tamén ten como obxectivo poñer en valor o papel das mulleres que destacaron en distintos ámbitos ao longo da historia. Con este fin realizáronse nesta localidade dúas novas actuacións nos murais do municipio, que non pasan desapercibidas ante ninguén.
"Seguimos co mural da rúa Santiago do Campo de Emilia Pardo Bazán, onde se atopan outras mulleres destacadas como Maruja Mallo ou Beatrix Potter e creamos un novo fresco no pavillón municipal", informa o ente local. En ambos casos as creacións foron realizadas por Mutante Creativo e están financiadas a través da Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero, dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2022.
Como dicimos estas mulleres destacaron ao longo da súa vida. No caso de Emilia Pardo Bazán foi unha novelista, xornalista, ensaista, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante española introdutora do naturalistmo en España. Ademais foi a precursora nas súas ideas sobre os dereitos das mulleres e o feminismo e reivindicou a instrución das mulleres como algo fundamental.
Maruja Mallo tamén ten o seu espazo particular en Sobrado. Era unha pintora surrealista española e está considerada como a artista da Xeración do 27 dentro da coñecida vangarda interior española.
E esta colección de murais completaa Beatrix Potter. Foi unha escritora, ilustradora, fabulista da literatura infantil e naturalista británica. Converteuse nunha das principais cuentistas infantís de principios do século XX gracias ao estilo naturalista e detallado das súas ilustracións e os seus relatos de corte costumbrista.
NOTICIA RELACIONADA:
O mural sobre Maruja Mallo: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-pintora-maruja-mallo-xa-ten-o-seu-lugar-en-sobrado-dos-monxes
Comments