Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Gran participación na V San Silvestre Solidaria Concello de Monterroso

Laura Moure/Monterroso

Máis de 200 atletas participaron nas diferentes categorías da V San Silvestre Solidaria Concello de Monterroso que se celebrou con obxectivo de axudar as persoas máis desfavorecidas do concello. A carreira serviu como posta de largo de grupo de corredores Run Run Monterroso. O grupo creado durante o 2021 xunta a máis de 50 corredores na súa maioría da comarca da Ulloa. O evento contou con diferentes probas por categorías empezando pola non competitiva dos pitufos na que moitos desfrutaron do seu primeiro paso por un arco de meta.


Na categoría promoción feminina gañou Lara López da Escola atlética de Pereiro de Aguiar, seguida da atleta local Naia Vidal e en terceiro lugar Sabela Sánchez do Atletismo Friol. Na categoría promoción masculina gañou Brais Costa, seguido de David Viña do Atletismo Friol e en terceiro posto o atleta local Álex Corredoira.


Na categoría Sub-12 a gañadora en categoría feminina foi Clara López do SD Compostela, seguida de Sofía López do Atletismo Friol. Por outra parte, na categoría masculina o vencedor foi Josep Bastos, seguido de Martín Díaz do Atletismo Friol e André Fernández do C.P. Lucense.


Na categoría sub14 feminino a gañadora foi Aldara Ceide do Atletismo Friol, seguida de Noa Ulloa do Lucus e en terceira posición Mara Montes do Atletismo Friol. Na sub 14 masculino podium o completo foi para o equipo dirixido por Felipe Barata, o Atletismo Friol, con Ramón Loureiro en primeiro lugar, Mateo Villar en segundo e Samuel Villar en terceiro posto.


Na categoría sub16-18 masculino vitoria foi para o atleta local Efren Toral seguido de Mateo Aguiar do Atletismo Friol. Na categoría femininama vitoria foi para Noelia Rey do Clube atletismo Verxel.


Na categoría absoluta a carreira disputouse por un circuíto de 4,5 km no que moitos corredores bateron os seus records personais de 1 e 2 millas. Os tres primeiros corredores en chegar a meta foron Juan Pena do Clube de Corredores de Pedro Nimo, seguido por Daniel Portomeñe (atleta da categoría sub 18) do triatlón Ferrol e en terceiro posto o corredor do Run Run Monterroso Rubén Vicente. Na categoría absoluta masculino subiu