Gran participación e bos resultados do Club Atletismo Deza en distintas probas desta fin de semana
- ecosdacomarca
- 7 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Nesta fin de semana o Club Atletismo Deza participou en varias probas. O sábado, unha
vintena de atletas estiveron nun control de marcas en Pontevedra, no que moitos deles conseguiron marca persoal. As sensacións foron boas, ademais de que cada vez son máis os deportistas do club que están entrando en competicións e que queren participar neste tipo de probas.

"Así mesmo, a nosa adestradora Zaira Soto proclamouse campioa sub23 de lanzamento de disco e cuarta absoluta no Campionato Galego de Lanzamentos Longos", subliña o clube dezá.
Por outra banda, o domingo pola mañá outra das súas adestradoras e atleta Meritxell Hermida, acadou un cuarto posto na proba de combinadas absoluta no Campionato Galego.
E pola tarde, tivo lugar o Campionato Galego de Cross Máster, no que participaron os deportistas María del Mar López (9º posto), Emilio Fernández e Antonio Riera (subcampión). Na proba por equipos, María del Mar quedou terceira co SD Compostela, do cal somos filiais. "Así mesmo, queremos destacar o resultado acadado por Ricardo Vázquez, segundo M45, e de José Canda, M35".
A próxima fin de semana, máis de medio centenar de atletas do Club Atletismo Deza
debutarán no campionato provincial campo a través de menores.
Commentaires