Gran participación do GTR no Trail Heroica Sacra
- ecosdacomarca
- 2 jul 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
O pasado 25 de xuño foi o 2º Trail Heroica Sacra, carreira con saída de Chantada e final na Praia da Cova no concello de O Saviñao. O GTR Galaico Trail Run foi cunha participación moi numerosa o ser tamén a segunda das probas que organiza este ano.

Na distancia reina de 33k e 1950+ participou Ángel Gómez que acadou o 20º e Camilo Framiñán que por problemas físicos tivo que abandoar. Na distancia 23k e 1150 grandes resultados de Alberto Villamor 1º subiu o máis alto do pódium absoluto xunto con Gustavo González que fixo 3º. A maiores destacar o 3º posto na cat. Vet. A de Cristóbal Dafonte e Suso González 4º da mesma categoría. Na mesma distancia tamén participaron Adrián Riádigos, Milín Romero e Marcos Governa.
Respecto as féminas Tamara García fixo un gran 2ª absoluto, Lucía González 3ª na cat. Vet. A e tamén participou Patricia Montoto.
Publicidade
Na mesma distancia pero por relevos foi onde máis participantes houbo, aquí os equipos estaban formados por parellas facendo o primero 11k e 550+ ata o pobo de Belesar onde partía o 2º relevo de 12k e 600 a meta. O 2º posto absoluto conseguiuno Vicente Agulló e Estivel Martínez en féminas a parella formada por Belén Riádigos e Patricia Varela quedaron 1º absolutas, nesta modalidade tamén participaron Martín Costa e Rubén Varela 5º, Rubén González que se estrenaba como corredor Galaico e Fernando Alvarellos, Andrea Vázquez e Javier Carballude, Juán Granja e Mario Félez, Luís Blanco e Manuel José Méijome.
"Na categoría cadete o noso Víctor Bouzas fixo un notable 3º posto. A forte calor marcou unha proba no paraxe espectacular da Ribeira Sacra, unha carreira que cada ano vai a máis. Parabéns a todos", sinala o clube.
Comentários