Gran participación do Galaico Trail Run no VI Trail da Ribeira Sacra
- ecosdacomarca
- 12 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Este domingo celebrouse o VI Trail da Ribeira Sacra, de 47 quilómetros e 3.300 metros de desnivel positivo. Foi unha proba moi dura e á vez fermosa, con sorpresas durante o percorrido coma cordas ou petadas de + 380 en un quilómetro, tal e como indican. Unha mostra da dureza deste Trail é que de 373 inscritos, remataron 222 corredores. Houbo gran participación do Galaico Trail Run.

"Dos galaicos felicitamos a Tamara, Salva, Juan, Ángel, Marcos, Patry, Toño e Noly por formar parte desta proba e parabéns a todos/as os que tocaron a campá", sinala o clube dezá.
Ademais, o clube informa que o venres "os galaicos Pablo e Adrián participaron no Trail de Peñalara, que deu comezo ás 23:30 horas cun primeiro ascenso de 1.100 positivos nos primeiros quilómetros. Transcurriu pola serra con zonas moi técnicas con descensos de +300 positivos nun quilómetro. Grandes sendeiros entre pinares e con temperatura de 3°C chegaron ao ecuador da carreira, na subida do Rebentón (8 km con 900+). Logo subiron ao alto de Peñalara polos Claveles, unha zona moi técnica na que acadaron os 2.432 metros de altitude e despois un descenso moi rápido al Puerto de Cotos. Para rematar, un último ascenso á Bola do Mundo e logo unha baixada de uns 10 quilómetros. A liña de meta en Navacerrada acabou con 104 km 5.100+".
"Desde o Club felicitamos a todos os galaicos que participaron en sendas probas polos resultados acadados e por mostar, unha vez máis, a gran deportividade galaica".
Comments